Mostrando entradas con la etiqueta primaria. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta primaria. Mostrar todas las entradas

29 marzo 2022

Maleta de poesía para educación primaria

Hai algo máis dun mes chegou ao noso centro unha maleta chea de poesía. Era unha das Maletas Viaxeiras que pon a disposición dos centros a Asesoría de Bibliotecas Escolares.

 

Os nenos e nenas de 3ºEP foron quen se encargaron de repartir os libros entre as distintas clases. 


 Despois duns días nos que todo o alumnado puido gozar deles, recolléronos para poder volver levar novos libros, intercambiando os que había nunhas aulas por outros. Para saber cales foron os libros que gustaron máis en cada clase, fixeron unha pequena enquisa na que os distintos grupos puntuaron do 1 ao 10 os libros que leron.

 





Finalmente, recollémolos para enviar a maleta de volta, pero esperando xa con ganas de que chegue a seguinte. 




11 marzo 2022

Recomendacións 4º E. P

Estas son as recomendacións literarias que nos fixeron os alumnos e as alumnas de 4º de Educacion Primaria. Grazas polas  suxestións.