XA ESTAMOS DE VOLTA!
Un ano mais,
iniciado o novo curso, organizamos as xornadas de acollida para presentar a
biblioteca aos estudantes de ESO que se incorporan ao centro. A idea é que comecen a familiarizarse coas
instalacións, para o cal lles explicamos todo a que deben saber sobre a xestión
da sala e como buscar documentos cando o precisen.
O final
da sesión, os alumnos recibiron bonitos marca-páxinas como recordo desta primeira
visita á biblioteca escolar. confiamos en que os utilicen moito nas súas vindeiras lecturas.
BENVIDOS, RAPACES!
![]() |
![]() |
Alumnos de 1º ESO na sesión de acollida da biblioteca. |
SABEMOS USAR AS REDES SOCIAIS?
O pasado 14 de outubro os nenos de 5º/6º de E. Primaria
asistiron a unha charla a cargo do INCIBE, na biblioteca. A finalidade era que
os rapaces aprendan a navegar con seguridade no ciberespacio.
2ª MOSTRA DE PRODUTOS DE OUTONO
Coa chegada do outono, a natureza
poñe á nosa disposición os riquísimos alimentos da tempada: castañas, fabas, noces,
cogumelos, cabazas… Unha selección deles, recollida polos nenos, poderá verse
durante os próximos días no noso centro.
Que aproveite!
CELEBRAMOS O DÍA DAS BIBLIOTECAS
Este curso celebramos o día das nosas
bibliotecas lendo un conto aos nenos pequeniños. Os lectores foron un grupo de
rapaces de 2º ESO e os que disfrutaron coas fabulosas historias foron os nenos
de 6º E. Infantil.
Boas lecturas para todos!
AS MOCHILAS SAEN DE VIAXE
É hora de
que as mochilas viaxeiras saian da
biblioteca para chegar ás casas dos nosos pequenos lectores. Esperamos que os
contos, as historias fantásticas e aventuras narradas nos libros e nos DVDs contidos nas mochilas axuden aos nenos a percorrer o
extraordinario mundo da imaxinación.
FELIZ VIAXE!
![]() |
Os nenos de 2º E. Primaria nos mostran a súa mochila |
![]() |
Os nenos de 6º E. Infantil nos mostran a súa mochila |
PROMOCIONANDO A MÚSICA EN GUNTÍN
Para
fomentar a cultura musical entre o noso alumnado, recibimos a visita do
director do conservatorio de Santiago, quen falou acerca da influencia benéfica
da música na vida das persoas, instando aos rapaces a estudar música e, sobre
todo, a disfrutar con ela.
MARIÑEIROS POR UN DÍA
Comezamos as actividades incluidas no Programa Aliméntate ben cunha
visita á lonxa de Celeiro, porto lucense de gran tradición pesqueira. Este
curso o programa fará especial fincapé na importancia de incluir peixe fresco
na alimentación dos rapaces, dadas as propiedades nutricionais deste alimento.
En Celeiro, dous mariñeiros nos
explicaron como é unha xornada de traballo na lonxa, vimos e incluso tocamos
algúns dos peixes e mariscos que arriban e, para sorpresa dos nenos, visitamos
as instalacións do equipo de salvamento marítimo.
Tamén subimos ao helicóptero!
FANTÁSTICO!
XORNADA DE DEGUSTACIÓN SOLIDARIA
Como actividade integrada no Programa Aliméntate ben,
dedicada á nutrición, o pasado venres 28 de febreiro, celebramos a xornada de
degustación de repostaría de Entroido.
Con ela pretendiamos fomentar o consumo de alimentos
elaborados de forma artesanal, tradicional, en detrimento dos produtos
industriais, tan nocivos para a saúde.
Moitos alumnos trouxeron orellas, filloas, rosquillas, bicas,
bizcoitos… para degustar e vender solidariamente, xa que, ademáis, os cartos
recadados iban destinados a unha ONG.
TODO RIQUÍSIMO!
![]() |
Alumnos de 6º venden doces na quenda de E. Primaria |
![]() |
Alumnos de 3º atenden o mostrador durante a súa quenda |
DÍA DA MULLER 2020
Este ano, como aportación aos actos relacionados co Día
Internacional da Muller, a biblioteca poñe á vosa disposición bibliografía
sobre ese tema adquirida recientemente. Os libros quedan expostos nos estantes
dedicados a Igualdade de xénero, na sala, e no expositor habilitado no corredor
do primeiro andar.
Animádevos a botarlles unha ollada!
O SABOR DA AVENTURA ESTÁ NO MAR
O pasado 5 de marzo, e como
actividade incluida no Programa Aliméntate ben, recibimos a visita
de Mariña e Luis, dous enamorados do mar que realizaron un precioso obradoiro
na biblioteca, para rapaces de E. Primaria e ESO.
Con eles descubrimos as propiedades
nutricionais dos peixes que atopamos habitualmente no mercado e comprendimos a
importancia de incluir estes alimentos na nosa dieta. Por outra banda,
mostraron variadísimas maneiras de cociñalos, animándonos a preparar fáciles e
riquísimas receitas.
A comer peixe!
![]() |
Un grupo de ESO escoita a Mariña e Luis |
![]() |
Nenos de E. Primaria xogan con Luis e Mariña |
OS SONS QUE NOS ARROLAN
O pasado 9 de marzo os nenos pequeniños recibiron a
visita do grupo musical O son que me
arrola. Con el, os nenos cantaron, bailaron e incluso exploraron novas
sonoridades de instrumentos musicais non convencionais.
Toda unha
festa!
EXCURSIÓN Á BIBLIOTECA NODAL
O miércoles 11 de marzo os peques de E. Infantil
viaxaron ata a cidade de Lugo para visitar a biblioteca nodal.
Oxalá a oportunidade de coñecer esa magnífica
biblioteca sirva para despertar o gusto pola lectura nos máis pequenos e así se
convirtan en usuarios entusiastas da nosa biblioteca en anos vindeiros.
Unha viaxe maravillosa!
ALIMÉNTATE BEN
DURANTE O CONFINAMENTO
Dado que non podemos ter as charlas previstas sobre nutrición, incluídas no programa Aliméntate ben, deixamos aquí varios enlaces onde atopar información moi interesante para as familias sobre alimentación saudable e para desfrutar facendo cousas ricas en casa durante estes días.
XOGOS E RECEITAS PARA FACER EN FAMILIA
https://www.nutricoles.com/download/3429/
https://www.nutricoles.com/download/3448/
FORMACIÓN NUTRICIONAL PARA TODOS
https://www.instagram.com/nutricoles/?hl=es
https://www.facebook.com/nutricoles/
O SABOR DA AVENTURA ESTÁ NO MAR
Aquí tedes acceso a outra páxina con recursos para as familias (xogos, receitas...):
https://osabordaaventuraestanomar.xunta.gal/gl
CONTOS EN ABERTO PARA TÓDALAS IDADES
https://issuu.com/oscarmariabarreno
https://www.nutricoles.com/download/3429/
https://www.nutricoles.com/download/3448/
FORMACIÓN NUTRICIONAL PARA TODOS
https://www.instagram.com/nutricoles/?hl=es
https://www.facebook.com/nutricoles/
O SABOR DA AVENTURA ESTÁ NO MAR
Aquí tedes acceso a outra páxina con recursos para as familias (xogos, receitas...):

https://osabordaaventuraestanomar.xunta.gal/gl
CONTOS EN ABERTO PARA TÓDALAS IDADES
No seguinte enlace atoparedes unha selección de contos infantís para ler durante estes días de permanencia en casa.
Boas lecturas!
https://issuu.com/oscarmariabarreno
No hay comentarios:
Publicar un comentario