Mostrando entradas con la etiqueta lectura. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta lectura. Mostrar todas las entradas

29 marzo 2022

Maleta de poesía para educación primaria

Hai algo máis dun mes chegou ao noso centro unha maleta chea de poesía. Era unha das Maletas Viaxeiras que pon a disposición dos centros a Asesoría de Bibliotecas Escolares.

 

Os nenos e nenas de 3ºEP foron quen se encargaron de repartir os libros entre as distintas clases. 


 Despois duns días nos que todo o alumnado puido gozar deles, recolléronos para poder volver levar novos libros, intercambiando os que había nunhas aulas por outros. Para saber cales foron os libros que gustaron máis en cada clase, fixeron unha pequena enquisa na que os distintos grupos puntuaron do 1 ao 10 os libros que leron.

 





Finalmente, recollémolos para enviar a maleta de volta, pero esperando xa con ganas de que chegue a seguinte. 




15 marzo 2022

E-LBE.2. Se queres ler en dixital ...... podes facelo, de balde, grazas á biblioteca.

 

A Plataforma ELBE.2 permite a lectura dixital de balde por ser usuario da biblioteca do CPI Plurilingüe Tino Grandío.

Trátase de contidos dixitais que poden utilizarse online e tamén offline, en todo momento e lugar, e que se adaptan a diferentes soportes de lectura (computador ou dispositivos móbiles).

Para empezar a utilizala, só tés que conseguir as túas chaves, que xa están dispoñibles na biblioteca. Con elas podes acceder á plataforma.


11 marzo 2022

Recomendacións 4º E. P

Estas son as recomendacións literarias que nos fixeron os alumnos e as alumnas de 4º de Educacion Primaria. Grazas polas  suxestións.


21 diciembre 2021

Centenario do pasamento de Emilia Pardo Bazán.

 A nosa biblioteca quixo sumarse aos actos que, en homenaxe á ilustre escritora galega, tiveron lugar ao longo deste ano 2021. Por este motivo, no clube de lectura de adultos comentouse neste mes de decembro “Los pazos de Ulloa”. 



Ademáis, con motivo da celebración do Día Internacional contra a Violencia de Xénero, o alumnado de 4º da ESO tivo ocasión de coñecer e comentar dous relatos da autora que xiran en torno a este tema e que amosan o compromiso cos dereitos das mulleres que sempre tivo presente. Se trata dos titulados “El encaje roto” y “El indulto”.








LIBROAMIGO INVISIBLE

 Alumnos y alumnas de 6º EP disfrutando con sus libroamig@s invisibles.








07 diciembre 2021

Libroamigo invisible

 


Se queres participar no LibroAmigo  Invisible, podes pasar pola biblioteca do centro, do 13 ao 17 de Decembro, e escoller un libro para @ teu amig@ invisible. O libro que escollas, farémosllo chegar  nos vindeiros días . Se tí recibes un LibroAmigo Invisible, deberás devolvelo á biblioteca á volta das vacacións de Nadal.




Homenaxe a Darío Xoan Cabana

 








01 diciembre 2021

CUENTOS PARA QUEDARSE EN CASA

 

"Estos cuentos son tanto para adultos como para niños y niñas a partir de 7-8 años. Lo más bonito es leerlos, compartirlos y comentarlos."

 PINCHA EN LA IMAGEN PARA DESCARGARLO.