OBRADOIRO DE BANDA DESEÑADA CON COSÉ TOMÁS
...... Biblioteca CPI Tino Grandío · Entrada OBRADOIRO DE BANDA DESEÑADA CON COSÉ TOMÁS Estás publicando como Biblio Guntin Actualizar Cambiar a borrador Vista previa Cerrar RedactarHTML Enlace
A tarde do martes contamos coa presenza do ilustrador Xosé Tomás, quen, cun obradoiro moi animado achegou aos rapaces de terceiro ciclo de Primaria e 1º de ESO ao mundo da banda deseñada. Mesmo atrevémonos a facer as nosas propias viñetas, pero, sen dúbida, o que máis nos sorprendeu foi a destreza de Xosé de sacar auténticas obras de arte cun rotulador e papel en branco. E para mostra, o debuxo que nos adicou.
Configuración de la entrada Etiquetas banda deseñada, Día das Letras Galegas, dinamizar, ESO, lectura, literatura, literatura xuvenil, primaria Publicada el 12/5/15 5:00 Hora de verano del Pacífico Enlace permanente Ubicación Opciones
CHARLA COLOQUIO CON XESÚS FERRO RUIBAL
Este
venres, con motivo da próxima celebración do Día das Letras Galegas, o CPI Tino
Grandío de Guntín contou coa presenza do académico Xesús Ferro Ruibal. A través dun animado coloquio, o alumnado da ESO puido aprender
de primeira man o funcionamento da RAG, para posteriormente pasar a falar do
autor homenaxeado neste ano, Filgueira Valverde.
CELEBRAMMOS O DÍA DO LIBRO
SOMBRAS CHINESAS
Noraboa a todos os nosos artistas de Primaria e a Esteban polo seu traballo.
ENTREGA DE PREMIOS
Finalmente descubrimos os gañadores dos concursos celebrados na primeira avaliación. Noraboa a todos!
SUXESTIÓNS DE LECTURA NO NADAL
UN CHIO POLO NADAL
Xa podedes ler os chíos dos vosos compañeiros no corredor que está camiño á biblioteca. O 19 coñeceremos os nomes dos gañadores.
NOVIDADES DA PRIMEIRA AVALIACIÓN
Estas son as novidades adquiridas na nosa biblioteca ao longo desta primeira avaliación, tanto para a sección de adultos como para as seccións de literatura infantil e xuvenil. Non esperedes máis para levalas para casa!
NOVIDADES EN DVD
Xa temos novas películas para levar e aínda están por chegar máis. Seguiremos ampliando o fondo de cine con títulos para todos os públicos. Na fotografía podedes ver algunhas desas novas adquisicións.
UN CHIO POLO NADAL
Aquí tedes recollidas as bases para o concurso da biblioteca da primeira avaliación. Animádevos a participar!
SESION DE MONICREQUES
Gústanos moito ter visitas na biblioteca do centro e hoxe contamos cunha sesión de monicreques na que participaron os rapaces de Infantil e Primaria. Esperamos que vos teña gustado... aínda que sabemos que algún pasou moooito medo! :-)
PREPARANDO AS MOCHILAS VIAXEIRAS
Estade atentos porque en nada comezarán a súa viaxe polas vosas casas!
SESIÓN DE CINE
Hoxe os alumnos dos segundo e terceiro ciclo de Primaria tiveron un obradoiro de cine. A través das explicacións ofrecidas por Raquel, puideron coñecer como foi evolucionando esta arte, desde os aparellos máis básicos ata ao actual cinema en 3D.
E como non podía ser de outra maneira, unha sesión tan cinematográfica non podía rematar sen unha proxección, concretamente da curta de animación baseada no conto da Bruxa regañadentes, publicado pola editorial OQO.
En resumo... pasámolo de cine!
CELEBRAMOS O DÍA DAS BIBLIOTECAS
Coincidindo coa celebración do Día das bibliotecas, organizamos unha xornada de formación das mesmas para o alumnado de sexto de Primaria e 1º de ESO. E para demostrar todo o que aprendimos, que mellor maneira que organizar un concurso para atopar distintos libros seguindo as pistas entregadas a cada equipo. No seguinte vídeo podedes recordar o que deu no día na nosa biblioteca.
DÍA DAS BIBLIOTECAS 24 DE OUTUBRO
Hoxe as bibliotecas están de parabéns, porque hoxe é o día escollido para agasallalas. E non hai mellor xeito para celebrar esta data que dándose unha volta pola nosa biblio e levando algunha lectura para casa. Aproveitade para coller as últimas novidades que recibimos!
No hay comentarios:
Publicar un comentario