08 marzo 2024

CELEBRACIÓN DA SEMANA DA PRENSA E DO DÍA DA MULLER

 Con motivo da celebración da Semana da prensa (do 4 ao 8 de marzo) e da conmemoración do Día da Muller o 8 de marzo, dende a biblioteca escolar realizáronse diversas iniciativas, buscando en varias delas traballar ambos temas simultáneamente. Por unha banda, montouse unha exposición con traballos do alumnado de 6º de Primaria e de todos os cursos da ESO nos que se amosaban e comentaban diferentes novas que apareceran no xornal e que tiñan por protagonistas ás mulleres. Nalgún grupo en troques diso, fixeron carteis sobre mulleres relevantes da época actual (que apareceran na prensa) e outras que acadaron a fama en diferentes ámbitos, como a ciencia, a música e a literatura inglesa. No relativo a este último campo se montou ademáis unha mostra con obras destas autoras.








Ademáis, o día 8 organizouse unha sesión de cine para todo o alumnado do centro: En Educación Infantil viron a película "Mulan" e os restantes cursos disfrutaron da proxección de  "Figuras ocultas".






27 febrero 2024

23 de febreiro: DÍA DE ROSALÍA

Para conmemorar o día do nacemento de Rosalía de Castro, realizáronse varias actividades no noso centro:

- Unha pequena exposición na biblioteca de obras de Rosalía e antoloxías que recollen poesías da autora.




- Os alumnos e alumnas de Infantil, 1º EP e 2ºEP leron e recitaron poemas de Rosalía para o alumnado de 4º, 5º e 6º de EP.




- O alumnado de Secundaria adicou a Hora de ler á lectura dunha pequena escolma de poemas de Rosalía.



- E alumnos e alumnas de Primaria, acompañados polo seu profesor de música, visitaron todas as aulas do centro para deleitarnos cunha canción de Rosalía: Adiós ríos, adiós fontes.





31 enero 2024

CELEBRANDO O DÍA DA PAZ

 Con motivo da conmemoración do Día da Paz, o Equipo de biblioteca organizou dúas actividades:

- Lecturas compartidas en Infantil e Primaria, actividade na que o alumnado de Infantil, 1º, 2º e 3º de EP disfrutaron da visita de dous alumnos ou alumnas de 6º (en EI e 1º EP), 5º (en 2º EP) e 4º (en 3º EP), que lles leron ou representaron un conto relacionado coa Paz.

- Decoración do símbolo da Paz con frases, palabras ou debuxos inspiradores feitos en Post-its polo alumnado de Infantil, Primaria e Secundaria.








MALETA VIAXEIRA DE INCLUSIÓN

Exposición dos libros da Maleta viaxeira de Inclusión de Secundaria que recibimos no mes de xaneiro en préstamo interbibliotecario do CFR de Lugo para o alumnado e profesorado.