Para conmemorar o Día do libro convidamos ás familias e ao profesorado a participar nunha actividade: "O libro da túa infancia" e organizamos unha exposición con todas as suxestións recibidas.
Durante estes días, leváronse a cabo tamén outras actividades como elaboración de marcapáxinas e un Concurso de poesía para alumnado de 5º de Primaria a 4º de ESO.
Lecturas compartidas con alumnado de Secundaria e Infantil e Primaria:
- Alumnos de 1º de ESO recitaron o poema O piollo e a pulga casarse querían para o alumnado de Infantil, 1º e 2º de Primaria.
- Os de 2º de ESO recitaron poemas de Rosalía para 3º e 4º de Primaria.
- O alumnado de 3º e 4º de ESO recitaron un romance "Romance del enamorado y la muerte" e poemas de Machado para os alumnos e alumnas de 5º e 6º de Primaria.