Curso 2020/21

                               

                                     UN COMEZO ESPECIAL

 



 


Iniciamos un curso sen precedentes nas nosas memorias. O ano académico 2020/21 nos impón moitas limitacións á hora de utilizar a biblioteca escolar. Non obstante, intentaremos seguir adiante, facendo dela o motor que impulse a vida cultural da nosa comunidade educativa.


En outubro, os novos estudantes de ensino secundario visitaron a sala para coñecer as instalacións e recibir a formación de usuarios que solemos facer a inicios de cada novo curso.



BENVIDOS TODOS!

 



     

 

PARA ANIMARNOS UN POUCO... FOLIADA!


Nada mellor que empezar coa música do grupo Axouxere para sacudirnos as tristezas e os medos.


Con gaiteiros e tamborileiros bailamos e bailamos...








   

            AS MOCHILAS DA ESPERANZA



Alá se foron as mochilas deste curso, cheas de historias e ilusións para compartir en familia.


FELICES LECTURAS!

 



 

    

 

         OS BOLECHAS VEÑEN A VERNOS


Os nenos máis pequenos tiveron a sorte de recibir a visita dos bolechas, que desenvolveron un maravilloso espectáculo no pavillón de deportes (un espazo amplo para cumprir coas normas sanitarias).


Como desfrutaron os peques na súa compañía! 

 



 

 


                           UN DÍA NO TEATRO


En outubro tivemos a ocasión de desfrutar dunha sesión teatral a cargo da compañía Teatro Migallas.

Por razóns  sanitarias, nos desprazamos tamén ao pavillón de deportes.


VIVA O TEATRO!

 



 


   O MAGO RAFA ACTÚA EN GUNTÍN


Aínda non somos capaces de explicarnos como fixo para que víramos o imposible.


BRAVO, MAESTRO!

 




 




      ACCEM VISITA O NOSO CENTRO



Dous membros da ONG ACCEM se reuniron co grupo de rapaces de 1º ESO para reflexionar con eles acerca das difíciles condicións de vida que soportan miles de persoas en situación de vulnerabilidade e fomentar entre os nenos o valor da integración como medio para crear unha sociedade mellor.


 

 FAGAMOS UN MUNDO QUE ACOLLA A TODOS!

 



 

 

 

             CHARLA QUÉROTE +


Este curso o noso centro participa no Programa Quérote+, onde se aborda a educación sexual-afectiva, dentro do Plan Proxecta. Como parte das actividades previstas, o alumnado de 3º e 4º ESO tivo un primeiro encontro cun especialista no tema.

 


 

 

 

 

                        E MÁIS TEATRO

 

Nesta ocasión, Migallas nos trouxo unha representación inspirada na poetisa Rosalía de Castro. Para E. Primaria e Secundaria.

 



 

 

 

        OBRADOIRO DE ACADAR


A Asociación de Mulleres con Discapacidade de Galicia (ACADAR) visitou Guntín para impartir un obradoiro coa finalidade de sensibilizar sobre os dereitos destas persoas, así como promover a igualdade de oportunidades e a participación social activa das mulleres con discapacidade na sociedade.

 


 

 

 

 

CHARLAS DA DXT PARA OS PEQUES CIDADÁNS


Un ano máis, a Dirección Xeral de Tráfico entra nas aulas para formar aos nenos de E. Primaria en educación vial.

 


 


 

             A RITMOS BRASILEIROS



Co fin de fomentar a afición e interese polos estudos musicais entre o noso alumnado, recibimos un ano máis a visita do director da banda de música de Guntín. En compañía do seu fillo, e utilizando instrumentos típicos da zona, fixo unha demostración de ritmos brasileiros que deleitaron os oídos de grandes e pequenos.


TODO UN ESPECTÁCULO!

 

 



 


 

 

 CONCURSO DE POSTAIS DE NADAL



Un gran número de alumnos participou no Concurso de Postais de Nadal, convocado polo Concello de Guntín. As obras de arte quedaron expostas no patio exterior para a súa valoración polo xurado.


BO TRABALLO, RAPACES!

 


 

 

  CONCURSO NAVIDEÑO DE AVIÓNS DE PAPEL


Outra competición se desenvolveu o día das vacacións, esta vez para alumnado de ESO. Os participantes tiñan que demostrar a súa pericia na elaboración de avións de papel, feitos en clase ao longo da xornada.


Os premios foron para o mellor voo e o mellor deseño. Os gañadores foron esplendidamente recompensados. Noraboa!







                      E PARA REMATAR... MAXIA!



Como colofón ao primeiro trimestre deste atípico curso, o mago David Méndez chegou a Guntín para encantarnos a todos cos seus trucos de maxia.


Con chisteras, baritas máxicas, papeis de cores, aros e incluso a túnica e as gafas de Harry Potter nos despedimos ata o vindeiro 2021.


BO NADAL PARA TODOS!

 



 




               

                QUERÉNDONOS MÁIS...

 

Á volta das vacacións, o alumnado de 3º e 4º ESO continúa coas charlas do programa Quérote+.









 

             E MÁIS CONTACONTOS



Para nenos de E. Infantil e E. Primaria, no pavillón. 

 




Disfrutamos todos, pequenos e non tan pequenos...


 

 

 

                 CHARLA DE ALAR



Representantes da asociación ALAR GALICIA tiveron un encontro co alumnado de Guntín, na biblioteca, para sensibilizar sobre a necesidade de fomentar a igualdade na sociedade que vivimos, xerando oportunidades para todos e evitando a discriminación por razóns económicas, socioculturais ou de xénero.

 



 

 

 

 

          DÍA DE ROSALÍA DE CASTRO



De novo recordamos a Rosalía. Este ano os nenos de E. Primaria elaboraron preciosas tarxetas sobre a vida da autora galega que quedaron expostas no corredor do centro.

 



 

 


           DÍA DA MULLER EN GUNTÍN



Este ano o encontro habitual con mulleres tivo lugar no pavillón, polas consabidas razóns sanitarias. Na táboa redonda contamos coa presenza de catro mulleres: Mª José Gómez (alcaldesa de Guntín), Amanda Pérez (fotógrafa, antiga alumna do centro), Himani Kamra (a nosa auxiliar de conversa) e Mª Elena Martínez (que colabora en calidade de avoa). Elas nos contaron as súas experiencias de vida e responderon á preguntas dos estudantes.


GRAZAS A TODAS!









 
 
 
 
 
 
 
 

 
 
 
Pola súa banda, os alumnos de ESO tamén contribuíron á celebración desta xornada. Cada un deles elixiu unha muller cuxa labor lle parece importante para a sociedade e elaborou unha pequena ficha que contén os datos esenciais desa persoa. Os traballos quedan expostos no corredor para toda a comunidade educativa.










Os nenos de E. Primaria, pola súa parte, escolleron mulleres significativas nas súas vidas. Coas fotos de todas elas se deseñou unha preciosa árbore cuxas polas se estenden agora sobre as paredes do corredor.

 

 

 


 

 

 

  

 




 


 



 

 

 

 

      ORIENTANDO CARA AO FUTURO



En marzo, o alumnado de 4º ESO foi o destinatario das xornadas de orientación vocacional organizadas polo Departamento de Orientación con vista a informar sobre vías profesionais de interese para os nosos estudantes. A tal obxecto recibimos a visita de representantes das Forzas Armadas e do Instituto Politécnico de Lugo, os cales mantiveron encontros cos rapaces na biblioteca.







         DESPEDINDO O 2º TRIMESTRE

 

  O último día de clase, os alumnos do club de lectura de 2º ESO despedíronse do trimestre cunha lectura ao aire libre. 

     Aproveitando o bo tempo, e tras unha curta andaina ata o parque infantil de Guntín, fixeron a lectura interpretada dun capítulo de "Los ladrones somos gente honrada", de Enrique Jardiel Poncela.  

 

¡FELICES VACACIÓNS!

 





 

           FELIZ DÍA DO LIBRO 2021

 

 


 

 

 

 

 RECORDAMOS A XELA ARIAS 

NO DÍA DAS LETRAS GALEGAS 










                  EN GUNTÍN TAMÉN FACEMOS...

                          CIENCIA !

 

 Estudantes universitarias visitaron o noso centro para promover o interese científico entre o nenos de 1º e 2º ESO, cos que fixeron interesantes experimentos sobre o ADN e a fibra óptica.

 



 

 

 

            SEMANA CULTURAL 2021

 

 

 

Cartel coa programación da Semana Cultural

 

 


 

 


 

 


 

 







  REMATAMOS O CURSO NO PAZO DE OCA



Este ano os rapaces do club de lectura da ESO puideron realizar a acostumada excursión 'fin de curso'. Nesta ocasión os afortunados viaxaron á provincia de Pontevedra. Das súas andanzas dan testimonio as preciosas fotos que nos trouxeron.









                           FELICES VACACIÓNS!

No hay comentarios:

Publicar un comentario