PRESENTACIÓN DA BIBLIOTECA AOS NOVOS ALUMNOS
Iniciado o novo curso,
organizamos unha xornada de acollida para presentar e
familiarizar ao novo alumnado co uso da biblioteca. Tras explicarlles a
organización dos fondos e o funcionamento da mesma, os rapaces elaboraron un
gran cartel de benvida, no que cada estudante deseñou unha letra.
![]() |
Alumnos de 1º de ESO na sesión de benvida á biblioteca |
EN MARCHA COAS MOCHILAS VIAXEIRAS
Un ano máis, os nenos de educación infantil e
primaria levan a casa as mochilas cheas de contos, aventuras, revistas e
películas con que viaxar polos mundos da imaxinación. Esperamos que todos
disfruten das súas viaxes en familia.
![]() |
Alumnos de educación primaria portando mochilas viaxeiras do novo curso |
PREVINDO CONDUCTAS DELICTIVAS
O pasado 16 de novembro o alumnado de ensino
secundario asistíu á charla divulgativa ktorce18 (Fundación Barrié), impartida por un membro da asociación ARELA, acerca das consecuencias penais de conductas delictivas en menores
de idade.
Interesantísimo para todos.
![]() |
Estudantes de secundaria na conferencia ktorce18 |
DILLO A QUEN MALTRATA
Con motivo do Día Internacional Contra a Violencia
de Xénero, tódolos alumnos e profesores do centro reunímonos na biblioteca para
manifestar o noso apoio á causa. O acto consistíu na lectura de cartas escritas
por varios estudantes e dirixidas aos maltratadores.
Evento cheo de contido e emocións intensas.
ENCONTRO COA ASOCIACIÓN SÍNDROME DE
DOWN
No mes de decembro recibimos a visita de varios
membros da asociación Síndrome de Down. Con eles aprendimos como son as persoas con este síndrome, de maneira que poidamos comprender mellor aos nosos compañeiros con estas características.
![]() |
Nenos de 6º de E. Infantil escoitan os contos lidos por estudantes de 4º ESO |
EN LOITA CONTRA OS INCENDIOS
Este curso o noso centro participa no programa O monte vivo, dentro do Plan Proxecta.
Os alumnos de 4º ESO, especialmente, están a traballar na loita e prevención de
incendios forestais, algo que ten moi castigada a Galicia. Como mostra do seu
traballo, os rapaces fixeron unha exposición para o resto da ESO.
Interesantísimo.
SEMANA CULTURAL
Estando
próximas dúas datas moi celebradas en relación co mundo da cultura, o DÍA DO
LIBRO e o DÍA DAS LETRAS GALEGAS, disfrutamos este ano dunha semana dedicada
especialmente a eso, á promoción da cultura en tódolos ámbitos do coñecemento.
Para iso, entre o 16 e o 20 de abril, tiveron lugar obradoiros científicos, charlas, encontros
musicais… en diversos espazos do centro.
Alumnas de 4º ESO comparten experiencias de física-química con compañeiras de 1º ESO |
![]() |
Obradoiro de elaboración de moedas romanas |
CERTAME ‘O MONTE VIVO’
Quedan expostos os traballos feitos polos alumnos
participantes no certame convocado no mes de abril para tódalas etapas
educativas do noso centro. O tema do concurso era ‘O monte vivo’: reflexionar e
sensibilizar acerca da necesidade de coidar a natureza. Os premios foron entregados aos gañadores no acto de clausura da Semana Cultural.
Parabéns aos premiados!
![]() |
FEIRA DO LIBRO 2018
Un
ano máis o noso centro acolle a Feira do Libro. Familias e profesores doaron
libros e os rapaces de 4º ESO encargáronse da venda durante os momentos de lecer. Os
cartos recadados están destinados á excursión de fin de curso dese grupo.
![]() |
Estudantes de 4º ESO atenden o expositor de libros durante o lecer. |
FESTEXAMOS O DÍA DAS LETRAS GALEGAS
Chegada a festa da comunidade, o 16 de maio tivemos a
nosa celebración no salón de actos. Dedicada á escritora galega rememorada este
ano, Mª Victoria Moreno, alumnos e profesores nos deleitaron con poemas e
cancións.
E PARA REMATAR... CONTACONTOS!
Este curso iniciamos un grupo de
contacontos dramatizados, formado por rapaces voluntarios de E. Secundaria
e dirixido aos nenos máis pequenos do centro. A idea é promover a
participación dos propios alumnos do centro na actividade de contacontos:
historias contadas por nenos grandes a nenos pequenos.
Dramatización do conto 'Carapuchiña vermella' para nenos de E. Infantil . |
No hay comentarios:
Publicar un comentario