10 noviembre 2023

SAMAÍN NA BIBLIOTECA

 Con motivo da celebración do Samaín, na nosa biblioteca organizamos diversas actividades:

- En E. Infantil e Primaria, convocouse o I Concurso de microcontos de medo, con varias categorías: 

  • EI
  • 1º ciclo de EP
  • 2º ciclo de EP
  • 3º ciclo de EP
Estes son os gañadores do concurso e os seus traballos:








- Na ESO, baixo o título "La biblioteca está de muerte", o alumnado expuxo os seus traballos en torno a moi diversos aspectos relacionados con este tema: así, puidemos ver dende epitafios de personaxes famosos a composicións musicais, pasando pola descrición dos cemiterios máis turísticos ou peculiares do mundo, os animais, fungos e plantas máis velenosos, pinturas inspiradas na temática, a presencia da morte nas lendas de Bécquer, ditos e frases feitas vinculadas ao tema ou a explicación do fenómeno dos "fuegos fatuos". Nesta actividade participaron todos os cursos e logo cada grupo baixou a visitar a exposición coa súa titora, provisto dunha batería de preguntas que debía responder para comprobar se lle quitara proveito a tan "mortífera" visita.




- E nos recreos de E. Primaria e Secundaria os alumnos e alumnas tiveron préstamos de libros con agasallo-sorpresa (bolígrafos, marcadores ou chuches).