En primavera… contacontos!
O 12 de maio os nenos de Educación Infantil e Primaria asistiron á narración de contos a cargo de Fátima Fernández, quen os fixo voar polos mundos da imaxinación.
Sesión de contacontos cos nenos de E. Infantil |
Feira do libro 2017
Un ano máis, coincidindo coas celebracións en torno ao Día das Letras Galegas, tivo lugar no mes de maio a VIII Feira do Libro, para a que se recavaron libros e películas doadas polos membros da comunidade educativa de Guntín. Al igual que outros anos, os cartos destínanse a financiar a excursión de fin de curso dos alumnos de 4º ESO, que nesta ocasión comparten viaxe cos nenos de 5º/6º de E. Primaria.
![]() |
Libros expostos para ser vendidos durante a feira de 2017 |
Celebrando a Rosalía de Castro
Para festexar os 180 anos do nacemento de Rosalía de Castro, o 15 de maio tivo lugar na biblioteca un acto de lectura compartida de poesías da insigne escritora. Varios alumnos de educación secundaria recitaron poemas en vivo e, por outro lado, proxectáronse audiovisuais de cantantes e grupos que teñen musicalizadas obras desta poetisa.
Alumnos de E. Secundaria recitando poesías da autora galega |
A paisaxe na literatura e nas artes
A
través desta exposición asociada ao Proxecto Terra, tratamos de mostrar a
presenza das paisaxes natural e urbana
nas artes plásticas, así como na literatura e na música. No taboleiro se
expoñen fotografías, debuxos elaborados e textos literarios extraídos por
alumnos de e. primaria e e. secundaria. Por outro lado, esperamos ter feito en
breve un video con imaxes e música asociados á temática que nos ocupa.
![]() |
Exposición |
En loita contra a ciberviolencia de xénero
O pasado 24 de marzo os rapaces de secundaria asistiron na biblioteca a
un interesantísimo obradoiro sobre violencia de xénero en internet. A
relatora, membro da organización PantallasAmigas, visitou o centro para
fomentar o uso saudable das novas tecnoloxías e a cidadanía dixital responsable
na infancia e na adolescencia.
PantallasAmigas con rapaces de E. Secundaria |
Celebramos o día da muller na bibliotaca
O día 8
de marzo de 2017 tivo lugar unha táboa redonda organizada conxuntamente co CEIP
de Lousada con motivo do Día da Muller. Para tal ocasión contamos coa presenza
de seis mulleres que desenvolven profesións donde a presenza femenina é aínda
minoritaria. Con elas os rapaces aprenderon a importancia da igualdade de
xénero para o desenrolo integral das persoas que convivimos na sociedade. Todos
os asistentes aprendimos das experiencias vitais destas seis mulleres
loitadoras, fixemoslles preguntas e compartimos con elas momentos de entrañable
emotividade.
Tempo de castañas
A entrada da estación preinvernal
inicia o tempo dos produtos agrícolas propios desta tempada, entre eles as
castañas, uno dos alimentos bandeira da nosa comunidade.
Considerando o enorme peso da
castaña nas tradicións autóctonas e incluso na literatura, dende a biblioteca solicitamos
a colaboración para realizar un traballo
colectivo, interdisciplinar,
centrado precisamente no outono e as castañas.
A
experiencia desenvolvida recolle múltiples perspectivas do tema central:
paisaxística, fotográfica, gastronómica, literaria, artística, científica,
antropolóxica e multilingüística. Unha vez elaborados, os traballos foron
expostos nun gran mural habilitado no corredor de acceso á biblioteca.
Exposición Tempo de castañas |
Anxo Fariña en Guntín
O 20 de decembro de 2016, antes de
partir de vacacións,
contamos coa presencia de Anxo Fariña, escritor e deseñador de literatura infantil e xuvenil. Anxo relatou o conto Don Quixote e Breogán aos nenos máis pequenos a través da narración verbal e o debuxo. Seguidamente, introduciu aos alumnos de e. primaria e e. secundaria nos rudimentos do deseño gráfico, orientando aos rapaces mentres debuxaban os seus propios personaxes imaxinarios. Á final da xornada, o escritor asinou varios libros de súa autoría que nos deixou como obsequio para engrosar o catálogo da nosa biblioteca.
contamos coa presencia de Anxo Fariña, escritor e deseñador de literatura infantil e xuvenil. Anxo relatou o conto Don Quixote e Breogán aos nenos máis pequenos a través da narración verbal e o debuxo. Seguidamente, introduciu aos alumnos de e. primaria e e. secundaria nos rudimentos do deseño gráfico, orientando aos rapaces mentres debuxaban os seus propios personaxes imaxinarios. Á final da xornada, o escritor asinou varios libros de súa autoría que nos deixou como obsequio para engrosar o catálogo da nosa biblioteca.
Presentación da biblioteca aos novos alumnos do curso 2016-17
Ao comezar o curso organizamos
unha xornada de acollida para familiarizar ao novo alumnado co uso da
biblioteca. Tras explicarlles a organización dos fondos e o funcionamento da misma, os rapaces elaboraron un gran cartel de
benvida, no que cada estudante deseñou unha letra.
No hay comentarios:
Publicar un comentario