Curso 2018/19



PRESENTACIÓN DA BIBLIOTECA AOS NOVOS ALUMNOS

             Un ano mais, iniciado o novo curso, organizamos as xornadas de acollida para presentar e familiarizar ao novo alumnado de ESO co uso da biblioteca. Tras explicar aos rapaces de 1º a organización dos fondos e a xestión da mesma, os rapaces elaboraron un gran cartel de benvida, no que cada estudante deseñou unha letra.
            Para mellorar o funcionamento da biblioteca no centro, este ano os nenos de E. Primaria tamén recibiron unha sesión informativa ao respecto. 







AS MOCHILAS SAEN DE VIAXE

Unha vez máis,  as mochilas viaxeiras saen da biblioteca para chegar ás casas dos nosos pequenos lectores. Esperamos que os contos, as historias fantásticas e aventuras narradas nos libros e nos DVDcontidos nas mochilas axuden aos nenos  a percorrer o extraordinario mundo da imaxinación.

                FELIZ VIAXE!





‘ALIMÉNTATE BEN’ CON PRODUTOS DE OUTONO
            Castañas, noces, cogumelos, fabas, cabazas… riquísimos alimentos que a natureza nos proporciona en outono. Unha selección deles, recollida polos nenos, se mostra á comunidade educativa de Guntín e ao público que visite o noso centro. Sirva para promocionar a boa alimentación cos produtos de tempada.
            QUE APROVEITE!




TODOS CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO

Os alumnos de Guntín manifestan o seu apoio a esta causa a través de fotografías, textos e debuxos, todos eles expostos ao público no corredor do centro educativo.
Ademáis, o venres previo ao domingo 25 de novembro (Día Internacional Contra a Violencia de Xénero), a comunidade educativa de Guntín se reuníu no salón de actos para alzar a súa voz nunha canción contra este mal que aínda envenena a sociedade moderna. 







A BIBLIOTECA SE UNE AO 25N

Unímonos á causa do 25N sacando da sala os libros desta temática para expoñelos fora, no corredor, xunto ás outras manifestacións contra a violencia elaboradas polo alumnado. Facéndoos mais visibles esperamos que capten a vosa atención e que vos animedes a ler estes maravillosos libros educativos.
Procuraremos deixar este expositor permanentemente no corredor, variando a temática dos libros ao longo do curso. Animádevos con eles e…








O BREOGÁN VISITA GUNTÍN

O xoves 29 de novembro o adestrador e varios xogadores do Club de Baloncesto Breogán visitaron o noso centro, onde compartiron cos estudantes as súas experiencias deportivas, animaron aos rapaces a practicar deportes, recomendaron lecturas e, para rematar a xornada, xogaron con eles durante un rato a baloncesto.
Os nenos, encantados.

GRAZAS, BREOGÁN!








SUSA HERRERA CANTA PARA OS NENOS EN GUNTÍN

A pedagoga e autora de libros infantiles Susa Herrera visitou Guntín o venres 30 de novembro para cantar e dramatizar cos nenos do noso centro. Ademáis, Susa deixou para a biblioteca varios exemplares dos seus libros, como recordo da súa visita.






LECTURA COMPARTIDA EN NADAL



            Para celebrar a chegada deste entrañable evento, dende a biblioteca organizamos unha lectura de contos para nenos de Educación Infantil. Os lectores foron os alumnos de 3º ESO.

Toda unha experiencia lectora!









PREPARÁNDONOS PARA SALVAR VIDAS

A biblioteca escolar, como centro sociocultural da nosa comunidade educativa, acolleu recentemente a visita de dúas profesionais sanitarias para realizar un obradoiro de primeiros auxilios cos alumnos de E. Primaria e E. Secundaria. Con elas aprendimos, entre outras cousas, os pasos necesarios para realizar unha reanimación, en caso de parada cardíaca, e unha desobstrucción de vías respiratorias en caso de atragantamento.

Esperemos recordar todo si se da a circunstancia…








CELEBRANDO A PAZ EN GUNTÍN

            Un ano máis, ao chegar a Xornada Mundial da Paz, os membros da comunidade educativa de Guntín reunímonos para celebralo. Alumnos de tódolos cursos presentaron traballos elaborados en clase relacionados coa promoción da paz. Os resultados das súas reflexións quedaron reflectidos en varios muráis, expostos ao público no corredor do centro.







XORNADA MUSICAL

            Os nenos de E. Primaria presentaron no salón de actos os traballos, realizados en clase durante o primeiro trimestre, vinculados ao Programa A música. O tema, común para todos, trataba sobre compositores relevantes da historia.
            Fantástico traballo, rapaces!







A NOSA BIBLIOTECA, CENTRO CULTURAL

Os alumnos da ESO asistiron a un relatorio sobre a historia dos medicamentos, organizado polo Departamento de Ciencias. Forma parte das actividades programadas no centro para a promoción da cultura e a formación integral do alumnado.
Interesantísimo!







BOCATAS PARA TODOS

O venres 15 de febreiro os alumnos de E. Primaria e E. Secundaria asistiron ao obradoiro Ponlle as pilas ao teu bocata, incluido no Programa Aliméntate ben. A través de xogos e actividades interactivas, os estudantes comprenderon a importancia de incluir o peixe na nosa dieta, concretamente o peixe en conserva, para ter unha alimentación equilibrada e nutritiva.
Como remate da sesión, os nenos disfrutaron de bocatas de conservas elaborados in situ.

RIQUÍSIMOS! 







XORNADA COAS MULLERES


Con motivo do Día internacional da Muller, o pasado 8 de marzo tivo lugar no salón de actos o coloquio correspondente á terceira Xornada das Mulleres, algo que vimos desenvolvendo nos últimos anos. Nesta ocasión contamos con catro participantes, os cales aportaron sus visións respecto á situación da muller na sociedade actual e compartiron as súas experiencias co alumnado de Guntín.  








SEMANA CULTURAL 2019

Entre os días 13 e 16 de maio celebramos a nosa Semana Cultural, na que os estudantes de Guntín tiveron encontros culturais en diversos ámbitos. Conferencias, obradoiros, concursos e xogos inundaron a xornada escolar do alumnado, coa intención a acercar a nosa comunidade educativa, incluindo as familias, á cultura nos seus múltiples aspectos.
Recollemos aquí algúns dos encontros que tiveron lugar:

O luns 13 asistimos á charla a cargo de Inés Fernández Lamela sobre violencia de xénero. A relatora nos contou a súa experiencia como víctima de maltrato, recollida no libro ‘As miñas fillas devolvéronme a vida’.

Momento para a reflexión.





FEIRA DO LIBRO


            Un ano máis os alumnos de 4º ESO organizaron a Feira do Libro. Os cartos recadados se destinan a sufragar os gastos da súa viaxe de fin de etapa.
            Feliz viaxe, rapaces!



PARA OS PEQUENIÑOS…      MAXIA!

O luns 13, os máis pequenos tiveron unha sesión de maxia con Carlos Coira, con quen viaxaron polos mundos da fantasía.
Máxico! 




E, a mediodía, recibimos a visita da nutricionista Natalia Hospido, con quen os pequeniños abriron os seus sentidos a alimentos descoñecidos para eles, tales como laranxas, cebolas, alcachofas…, moi sanos e necesarios para ter unha boa alimentación.





    Concurso ‘Aliméntate ben’


O martes 14 os alumnos participaron nun dinámico xogo organizado dentro do programa ‘Aliméntate ben’. Os nenos, agrupados en equipos, tiñan que atopar as respostas a unha serie de preguntas, buscando a información en láminas distribuídas ao longo do corredor do primeiro andar.

Fixérono estupendamente ben.

Fantástico, rapaces!





Os rapaces de 3º e 4º da ESO dedicaron a tarde do martes a elaborar riquísimos dulces no obradoiro de confitería ofrecido por profesores do EFA Piñeiral de Arzúa, actividade tamén incluida no programa ‘Aliméntate ben’. Entre outras cousas, fixeron piruletas de chocolate con queixo da terra.
Boísimo!




O mércores 15 os pequeniños disfrutaron dunha sesión de teatro. Tratouse do conto ‘Pedro y el lobo’, representado por alumnos de 2º e 3º ESO.

 O xoves 16 os rapaces de ESO xogaron co idioma inglés na biblioteca nunha reñida sesión de English Kahoot.
Divertidísimo!




E, para rematar a semana cultural… A RADIO! 
A comunidade educativa de Guntín tivo a oportunidade de presenciar unha sesión de radio en vivo e en directo. Profes, alumnos, nais e incluso o alcalde pasaron polos micrófonos da cadena SER.
Momento para recordar.



CLUB DE LECTURA FAMILIAR

Este ano púxose en marcha un novo club de lectura. Está formado por un grupo de nais/pais que len o mesmo libro cos seus fillos ao longo dun trimestre.  Pasado ese tempo, reúnense para compartir as súas experiencias lectoras.
A idea é promover a lectura nas familias. 



No hay comentarios:

Publicar un comentario