21 diciembre 2021

10 de Decembro.Día Internacional dos Dereitos Humanos

 “Españoles en Mathausen”


 


En relación coa conmemoración o pasado día 10 de decembro do Día Internacional dos Dereitos Humanos, tivo lugar o día 16 unha charla organizada pola nosa biblioteca para o alumnado de 4º de ESO e impartida pola profesora do centro Conchi Sanfiz. Ela tivo a oportunidade, fai varios anos, de viaxar cun grupo de alumnos/as seus ao campo de concentración de Mauthausen e aos chamados “campos satélites” dependentes deste, co privilexio de ir acompañados por varios españois que foran prisioneiros aló, e que lles explicaron as súas terribles experiencias en primeira persoa. A charla tivo como fin último concienciar ao noso alumnado da importancia de coñecer a historia para non repetir tráxicos erros e como modo de honrar a memoria dos que sofriron a doble dor de pasar por unha experiencia terrible e despóis non poder contala ou non atopar quen quixera escoitala. Tamén se recalcou a actitude dos deportados de aparcar o rencor e preocuparse soamente por dar testemuña do acaecido para que a morte dos compañeiros que quedaron no camiño tivera algún sentido, servindo de “vacina” contra os totalitarismos de calquera tipo.


 






No hay comentarios:

Publicar un comentario