07 diciembre 2021

25 N Charla " Ser niña o mujer en Irán"

 

“Ser mujer o niña en Irán”

 O pasado 26 de novembro, con motivo da conmemoración a víspera do Día Internacional contra a Violencia de Xénero, o Departamento de Orientación e a nosa biblioteca organizaron unha charla do filólogo, animador cultural e viaxeiro empedernido Pedro Gilthoniel sobre como é a vida das mulleres e das nenas en Irán na actualidade. Todo o alumnado da ESO asistiu, en dúas quendas, á charla, que se repetiu o 29 de novembro, adaptándoa a 5º e 6º de Primaria.

Os nosos alumnos e alumnas ficaron moi impresionados polo ameno relato de Pedro, quen acompañou as súas palabras con fotografías e breves videos moi ilustrativos. Posteriormente o profesorado ligado á actividade recolleu as impresións do alumnado sobre a mesma. Os comenarios, todos eles moi positivos, repetiron sobre todo as ideas de que aprenderan sobre un país e unha realidade que lles era totalmente descoñecida, que lles impresionara moito a cantidade de prohibicións inxustificables ás que estaban sometidas as nenas e as mulleres (como cantar e bailar na rúa ou montar en bicicleta, por exemplo) e que coñecer todo isto tamén lles axudara a fomentar a solidariedade cos pobos que sofren calquera tipo de opresión e a valorar as vantaxes de vivir nunha sociedade onde cada vez as mulleres van conquistando máis terreo e conseguindo que se escoiten as súas reivindicacións, malia que quede camiño por andar.

 















1 comentario:

  1. “SER MUJER Y NIÑA EN IRÁN”

    Algunas de las opiniones de nuestro alumnado sobre la charla:

    -“Fue muy entretenida y muy interesante, porque nos enseñaron muchas cosas sobre la cultura y la sociedad iraníes, que desconocíamos por completo”

    -“Aprendí mucho sobre cómo se vive allí y me di cuenta de lo afortunado que soy viviendo en un país como el nuestro”

    “Me abrió los ojos sobre lo diferente que puede ser el trato a las mujeres dependiendo de cada país o cultura”

    “Me admiró que haya mujeres en Irán que tengan la valentía de cantar y bailar en público, estando prohibido”

    “Me impactó que hubiese libros cuya lectura está prohibida”

    “Me llamó mucho la atención todo lo relacionado con el pañuelo y el resto de la indumentaria que tienen que llevar allí las mujeres”.

    Estas ideas, expresadas de diferentes maneras pero con el mismo trasfondo, aparecen reflejadas reiteradamente en los comentarios del resto de los alumnos/as. Desde este blog queremos agradecer a todos/as su colaboración aportando sus impresiones acerca de lo escuchado.

    ResponderEliminar