24 febrero 2025

CELEBRANDO A ROSALÍA

O venres 22 de febreiro conmemoramos o Día de Rosalía de Castro no salón de actos con varias actuacións musicais e recitado de poemas: 

- "Quen puidera namorala", do alumnado de 4º de Primaria;

- "As verbas de Rosalía", recitado de poemas de creación propia a partir de palabras moi presentes na obra de Rosalia por parte de alumnado de Infantil e Primaria;

- "Has de cantar", recitado polos alumnos e alumnas de 1º ESO;

- Interpretación musical de "Adiós ríos, adiós fontes".




10 diciembre 2024

CHARLA PARA O ALUMNADO DE 5º EP

 O 26 de novembro, o alumnado de 5º de Primaria, acompañado da súa titora, recibiu na súa clase a nosa compañeira Conchi Sanfiz, que lles falou sobre o mundo das prisións, tema polo que sentía moita curiosidade e que ela coñece pola súa colaboración co Centro Penitenciario de Monterroso.




CHARLA CON MOTIVO DO 25-N

Con motivo da conmemoración do Día contra a violencia de xénero, o alumnado de Secundaria e de 5º e 6º de Primaria asistiu o venres 22 de novembro a unha charla impartida por Víctor Fraga, psicólogo especialista no mundo das prisións e na coordinación de cursos destinados ao tratamento terapéutico de persoas condenadas por violencia contra as mulleres.





02 diciembre 2024

O SAMAÍN NA BIBLIO

Celebramos o Samaín cunha decoración de medo na Tinoteca e coa convocatoria do II Concurso de microcontos de medo, organizado polo equipo de biblioteca.



Contamos con moita participación do alumnado de infantil e primaria. Estes son algúns dos relatos presentados, que se expuxeron nos taboleiros do noso centro.




E estes foron os microcontos premiados:


O día 30 de outubro, durante a celebración do Magosto, realizouse a entrega de premios e diplomas aos gañadores, xunto cos gañadores do concurso de cestas de outono convocado este curso polo centro.