22 mayo 2025

SEMANA CULTURAL

 A biblioteca participou en varias actividades da Semana Cultural, desenvolvida entre o 12 e o 16 de maio:

- Concurso de pasatempos para Primaria e Secundaria e entrega de premios aos gañadores.


- Entrega de premios ás gañadoras do Concurso para deseñar a mascota da Tinoteca.


- Encontro con Manuel Vázquez, autor de O pracer da chuvia, que deu unha charla dirixida ao alumnado de ESO e 5º e 6º de Primaria: A vangarda está na aldea.


29 abril 2025

SEMANA DO LIBRO

En conmemoración do Día do Libro, o equipo de biblioteca organizou entre o 21 e o 25 de abril diversas actividades:

- Concurso para o deseño da mascota da biblioteca escolar, aberto a todo o alumnado do centro. Estas son algunhas das propostas presentadas por alumnos e alumnas de Primaria. Pronto coñeceremos a mascota da Tinoteca.







- Lectura, selección e comentario de frases do Quijote, en 3º e 4º da ESO.

- Lectura compartida da adaptación de Don Quijote de la Mancha do alumnado do Club de lectura de 1º e 2º de ESO  en 5º e 6º de Primaria e en 3º de ESO.


- Presentación de novidades da biblioteca en libros informativos en todas as aulas de Primaria e Secundaria.




- Charla sobre Hans Christian Andersen para o alumnado de 1º e 2º de Primaria.






27 marzo 2025

CHARLA E EXPOSICIÓN DE CÓMIC

Para conmemorar o Día do Cómic, que se celebra o 17 de marzo, organizamos o pasado martes na biblioteca unha charla e exposición de cómics. A actividade estivo a cargo de Miguel Vigo, da librería Totem, especializada no xénero. Miguel lle explicou ao alumnado diferentes aspectos relacionados co mundo do cómic, como as características do xénero, a tipoloxía, os elementos fundamentais dunha banda deseñada ou as profesións vinculadas á mesma.








24 marzo 2025

PRENSA NA ESCOLA

O alumnado de 5º e 6º de Primaria participou a semana pasada nunha actividade de formación sobre a elaboración de noticias de prensa, impartida por Jorge Noya, xornalista da Voz da escola da Voz de Galicia. O alumnado aprendeu moito e aplicou logo o aprendido nunha actividade práctica.





03 marzo 2025

CELEBRACIÓN DO ENTROIDO

Neste curso quixemos celebrar o Entroido conmemorando ao escritor Hans Christian Andersen.

Así na semana anterior ao Entroido as consignas do Meco facían alusión a personaxes dos contos de Andersen e en cada curso de infantil, primaria e secundaria elexiuse un conto para elaborar os disfraces.

- EI: O flautista de Hamelín                                        - 1º-2º EP: O soldadiño de chumbo

- 3º EP: O gato con botas                                             - 4º EP: A raíña das neves

- 5º EP: Alicia no país das marabillas                          - 6º EP: Brancaneves

- 1º ESO: A ovella Shaun                                             - 2º ESO: Abecedario

- 3º ESO:  101 dálmatas                                               - 4º ESO: Os cabritiños

O venres 28 de febreiro tivo lugar no pavillón a presentación dos disfraces e desfile de alumnado e profesorado e unha saída pola vila.



24 febrero 2025

CELEBRANDO A ROSALÍA

O venres 22 de febreiro conmemoramos o Día de Rosalía de Castro no salón de actos con varias actuacións musicais e recitado de poemas: 

- "Quen puidera namorala", do alumnado de 4º de Primaria;

- "As verbas de Rosalía", recitado de poemas de creación propia a partir de palabras moi presentes na obra de Rosalia por parte de alumnado de Infantil e Primaria;

- "Has de cantar", recitado polos alumnos e alumnas de 1º ESO;

- Interpretación musical de "Adiós ríos, adiós fontes".