24 mayo 2024

SEMANA CULTURAL 2024

Nestes días, do 21 ao 24 de maio, celebramos no centro a nosa Semana cultural, en conmemoración do Día das Letras Galegas. 

Todo o alumnado participou nas diversas actividades que se organizaron. Entre outras, houbo un contacontos e obradoiro de chapas: O lobo feliz, para o alumnado máis novo do centro, de Infantil a 4º de Primaria.



Ao longo de toda a semana tivemos tamén un torneo de xadrez na biblioteca nos recreos, que contou con moita participación tanto de Primaria como de Secundaria. Hoxe é a final e en breve coñeceremos o gañador ou gañadora.



Ademais o xoves tivo lugar o Festival musical e literario das Letras Galegas en honor a Luísa Villalta, cunha presentación da súa biografía, recitado de poemas de Celso Emilio Ferreiro e interpretación de pezas musicais.