O 26 de novembro, o alumnado de 5º de Primaria, acompañado da súa titora, recibiu na súa clase a nosa compañeira Conchi Sanfiz, que lles falou sobre o mundo das prisións, tema polo que sentía moita curiosidade e que ela coñece pola súa colaboración co Centro Penitenciario de Monterroso.
10 diciembre 2024
CHARLA CON MOTIVO DO 25-N
Con motivo da conmemoración do Día contra a violencia de xénero, o alumnado de Secundaria e de 5º e 6º de Primaria asistiu o venres 22 de novembro a unha charla impartida por Víctor Fraga, psicólogo especialista no mundo das prisións e na coordinación de cursos destinados ao tratamento terapéutico de persoas condenadas por violencia contra as mulleres.
02 diciembre 2024
O SAMAÍN NA BIBLIO
Celebramos o Samaín cunha decoración de medo na Tinoteca e coa convocatoria do II Concurso de microcontos de medo, organizado polo equipo de biblioteca.
27 noviembre 2024
Día das Bibliotecas
Para conmemorar o Día das Bibliotecas, o 24 de outubro, o equipo de biblioteca organizou a actividade de Contos conxelados con alumnado de Infantil e Primaria, na que os alumnos e alumnas de 4º, 5º e 6º de EP leron e representaron varios contos para os máis pequenos de Infantil, 1º, 2º e 3º de EP.
PRIMEIRAS ACTIVIDADES DESTE TRIMESTRE
Neste curso, continuamos coas actividades que xa levamos a cabo nos cursos anteriores, como son a Hora de ler, en Primaria e Secundaria, e as Mochilas viaxeiras, en Infantil e Primaria.
Na última semana do mes de
setembro comenzamos coa Hora de Ler na
ESO, que consiste en dedicar á lectura cada día os primeiros 15 minutos da
clase correspondente que vai rotando semanalmente desde a primeira ata a sexta hora
de clase. En Primaria empezamos a Hora de Ler no mes de outubro e adicamos os
15 minutos finais da última clase do día.
Durante o mes de outubro, os profesores-titores de Infantil e Primaria prepararon para os seus alumnos e alumnas as Mochilas Viaxeiras, que iniciaron a súa andaina polas casas do noso alumnado.
Contamos tamén este curso con Axudantes de Biblioteca de Primaria e Secundaria. O mércores 16 de outubro levouse a cabo a Formación de Axudantes de Biblioteca de 5º e 6º de EP e empezaron a colaborar nas tarefas de biblioteca nos recreos. É unha gozada contar con alumnado tan implicado!!!
24 mayo 2024
SEMANA CULTURAL 2024
Nestes días, do 21 ao 24 de maio, celebramos no centro a nosa Semana cultural, en conmemoración do Día das Letras Galegas.
Todo o alumnado participou nas diversas actividades que se organizaron. Entre outras, houbo un contacontos e obradoiro de chapas: O lobo feliz, para o alumnado máis novo do centro, de Infantil a 4º de Primaria.
Ao longo de toda a semana tivemos tamén un torneo de xadrez na biblioteca nos recreos, que contou con moita participación tanto de Primaria como de Secundaria. Hoxe é a final e en breve coñeceremos o gañador ou gañadora.
Ademais o xoves tivo lugar o Festival musical e literario das Letras Galegas en honor a Luísa Villalta, cunha presentación da súa biografía, recitado de poemas de Celso Emilio Ferreiro e interpretación de pezas musicais.
30 abril 2024
23 de abril - Día do libro
Para conmemorar o Día do libro convidamos ás familias e ao profesorado a participar nunha actividade: "O libro da túa infancia" e organizamos unha exposición con todas as suxestións recibidas.
Durante estes días, leváronse a cabo tamén outras actividades como elaboración de marcapáxinas e un Concurso de poesía para alumnado de 5º de Primaria a 4º de ESO.
Lecturas compartidas con alumnado de Secundaria e Infantil e Primaria:
- Alumnos de 1º de ESO recitaron o poema O piollo e a pulga casarse querían para o alumnado de Infantil, 1º e 2º de Primaria.
- Os de 2º de ESO recitaron poemas de Rosalía para 3º e 4º de Primaria.
- O alumnado de 3º e 4º de ESO recitaron un romance "Romance del enamorado y la muerte" e poemas de Machado para os alumnos e alumnas de 5º e 6º de Primaria.
08 marzo 2024
CELEBRACIÓN DA SEMANA DA PRENSA E DO DÍA DA MULLER
Con motivo da celebración da Semana da prensa (do 4 ao 8 de marzo) e da conmemoración do Día da Muller o 8 de marzo, dende a biblioteca escolar realizáronse diversas iniciativas, buscando en varias delas traballar ambos temas simultáneamente. Por unha banda, montouse unha exposición con traballos do alumnado de 6º de Primaria e de todos os cursos da ESO nos que se amosaban e comentaban diferentes novas que apareceran no xornal e que tiñan por protagonistas ás mulleres. Nalgún grupo en troques diso, fixeron carteis sobre mulleres relevantes da época actual (que apareceran na prensa) e outras que acadaron a fama en diferentes ámbitos, como a ciencia, a música e a literatura inglesa. No relativo a este último campo se montou ademáis unha mostra con obras destas autoras.
Ademáis, o día 8 organizouse unha sesión de cine para todo o alumnado do centro: En Educación Infantil viron a película "Mulan" e os restantes cursos disfrutaron da proxección de "Figuras ocultas".