martes, 24 de marzo de 2015

SOMBRAS CHINESAS

      Hoxe os rapaces do primeiro e segundo ciclo de Primaria puideron desfrutar da maxia das sombras chinesas da man de dúas obradoiros coordinados polo grupo Tarabelos teatro. Baixo a supervisión de Esteban, os nosos alumnos colaboraron na elaboración dunha montaxe para a súa posterior posta en escea como acompañamento ao relato dos irmáns Grimm "O pescador e a súa muller".
    Noraboa a todos os nosos artistas de Primaria e a Esteban polo seu traballo.



No hay comentarios:

Publicar un comentario