martes, 4 de noviembre de 2014

SESIÓN DE CINE

      Hoxe os alumnos dos segundo e terceiro ciclo de Primaria tiveron un obradoiro de cine. A través das explicacións ofrecidas por Raquel, puideron coñecer como foi evolucionando esta arte, desde os aparellos máis básicos ata ao actual cinema en 3D. 
      E como non podía ser de outra maneira, unha sesión tan cinematográfica non podía rematar sen unha proxección, concretamente da curta de animación baseada no conto da Bruxa regañadentes, publicado pola editorial OQO.
En resumo... pasámolo de cine!

No hay comentarios:

Publicar un comentario