miércoles, 5 de noviembre de 2014

PREPARANDO AS MOCHILAS VIAXEIRAS

      Xa case están listas para saír as mochilas viaxeiras. Neste curso comezamos con esta experiencia que esperamos vos guste e poida ter continuación no futuro. Para que os contidos que incluímos en cada mochila sexan os máis axeitados a cada grupo, os profesores-titores dende Infantil ata 1º de ESO encargáronse de facer unha selección entre numerosos títulos de libros, películas e música, tanto xa existentes na nosa biblioteca como novidades recén achegadas ao noso amplio catálogo.


      Estade atentos porque en nada comezarán a súa viaxe polas vosas casas!

No hay comentarios:

Publicar un comentario