viernes, 20 de junio de 2014

O SON DA NOSA FALA

     Chegou o final do curso. Este ano aproveitamos para ver un vídeo realizado polo Equipo de Dinamización Lingüística a partir do recitado dos poemas que fixeron os alumnos do club de lectura na Radio Ser no mes de febreiro para homenaxear ao poeta lucense Manuel María. A cadea de radio fíxonos chegar unha copia das grabacións emitidas no programa "O son da nosa fala" que podedes ver a continuación.
      Só nos resta desexarvos un bo verán cheo de lecturas. Vémonos en setembro con novos proxectos para todos dende a vosa biblioteca. Saúdos!


No hay comentarios:

Publicar un comentario