martes, 27 de mayo de 2014

TARABELOS TEATRO E MIRÓ

   Este luns Tarabelos Teatro pasou polo noso centro para realizar un obradoiro cos alumnos de 2º, 3º e 4º de Primaria. Coa axuda de Esteban, os rapaces xogaron cos contos e coa pintura de Miró. Despois de escoitar a historia sobre a "Viaxe de Nele", todos xuntos crearon un gran cadro con os personaxes do relato seguindo as técnicas pictóricas de Miró. 
       O traballo resultante é de tal calidade que vai ser exposto na entrada do noso centro para que todos podamos desfrutar da obra dos nosos pequenos-grandes pintores. Parabéns a todos!

2 comentarios:

  1. Moitas gracias. Paseino realmente ben con vós. Un pracer traballar con tan bos artistas.

    ResponderEliminar
  2. Graciñas por todo, Esteban. Esperamos contar contigo para próximos obradoiros e noraboa polo teu traballo.

    ResponderEliminar