jueves, 1 de mayo de 2014

EXPOSICIÓN DE PRENSA INTERNACIONAL

      
      Finalmente, conseguimos expor os exemplares de prensa internacional que nos foron enviando dende as embaixadas. Os alumnos de 1º de ESO encargáronse de facer un pequeno traballo de investigación das nacións que nos achegaron exemplares dos seus países, para acompañar a cada xornal e revista. No final conseguimos reunir máis de vinte exemplares de nacións como Gambia, Líbano, Arxentina, Brasil, Italia, Irlanda, Israel, Xapón... en definitiva, unha pequena representación de cada continente. Noraboa ao alumnado de 1º polo seu traballo e moitas gracias ás embaixadas colaboradoras.


No hay comentarios:

Publicar un comentario