miércoles, 23 de abril de 2014

NO DÍA DO LIBRO... NOVOS SOCIOS!!!!

      Hoxe celebramos o Día do Libro no noso centro e quixemos incluír nesta festa aos alumnos de Infantil. E que mellor maneira que recibindo o seu carné de socio da biblioteca e estrea-lo con os seus primeiros préstamos. 
      E como non hai festa sen música, María, a nosa orientadora, contoulles o conto de "A toupiña que non sabía quen llefixera aquilo na cabeza" e a continuación todos a acompañamos cantando a correspondente canción. 
      Feliz Dia do Libro a todos e benvidos aos nosos máis novos lectores!

No hay comentarios:

Publicar un comentario