domingo, 30 de marzo de 2014

UNHAS CARTAS QUE MARCHAN... E UNS XORNAIS QUE CHEGAN

      O alumnado de Secundaria estivo a enviar cartas ás embaixadas situadas en Madrid pedíndolles un xornal do seu país co obxectivo de realizar unha exposición no mes de abril sobre prensa internacional. Alá saíron as cartas cara o seus diversos destinos e ata nós xa chegaron resposta de países tan distintos como Arxentina, Italia, Hungría ou Gambia. Seguimos á espera de novos envíos e comezaremos en breve os traballos de presentación de cada unha destas nacións.


No hay comentarios:

Publicar un comentario