martes, 4 de marzo de 2014

HOXE PARA LER TEMOS...

      Os rapaces de Infantil e 1º ciclo de Primaria están de noraboa porque chegou ata o noso centro un lote de libros da editorial Kalandraka. Entre os máis de 40 títulos adquiridos atoparedes dende novidades como Mamá ilustrada por Mariana Ruiz Jhonson, pasando por audio-libros como Toc-toc de Pablo Díaz ata outros xa clásicos como O galo Quirico de Alicia Suárez. Pronto xa estarán disponibles para levar para casa e virán con importantes novidades para os lectores máis pequenos. Xa vos iremos contando.



No hay comentarios:

Publicar un comentario