domingo, 19 de enero de 2014

HOXE PARA LER TEMOS...

      La ladrona de libros xa está na nosa biblioteca. Neste relato ambientado na II Guerra Mundial a súa protagonista atopará refuxio na lectura. A través do libro acompañaremos a Liesel, unha pequena de nove anos dende o momento en que é dada en adopción ata o final da guerra. A súa nova familia, oposta ao nazismo, ensínalle a ler, afición coa que logra evadirse deses duros anos do conflicto bélico.
      E se vos gusta especialmente este libro poderedes retomar a historia no cine, xa que nestes mesmos días atoparedes a película nas salas de Lugo. Aquí queda o tráiler para ir abrindo boca. 

No hay comentarios:

Publicar un comentario