domingo, 15 de diciembre de 2013

PRÓXIMAS PROPOSTAS CLUB DE LECTURA


     
      A pasada semana tivemos a última xuntanza do ano do grupo de lectura de adultos. A lectura de Persépole foi do gusto de todos. Desa mesma reunión saíron os novos títulos para a volta de Nadal. Así, no mes de xaneiro introducirémonos da man de Manuel Rivas no mundo do narcotráfico en Todo é silencio, levada ao cine por José Luis Cuerda no 2011. E para o mes seguinte recuperamos ao clásico da literatura norteamericana Matar a un ruiseñor, da autora Harper Lee, gañadora do Premio Pulitzer no 1961 por esta novela. O éxito deste título redundaría coa aparición do oscarizado filme protagonizado por Gregory Peck.

     Xa tedes na biblioteca exemplares de cada un destas obras, esperamos que vos gusten e que nos vexamos na próxima charla.

No hay comentarios:

Publicar un comentario